mércores, 7 de febreiro de 2024

PAISAXE GASOSA - UNHA VIAXE POLOS DESEÑOS DAS BOTELLAS DE GASOSA

A principios de ano púxose en contacto con Gaseosas de Galicia o deseñador, ilustrador e escritor galego Xosé María Pérez Barro, máis coñecido por Pepe Barro.

Fai un tempo que Pepe publica artigos sobre deseño e comunicación visual unha vez ao mes no semanario de comunicación xeral de ámbito galego Sermos, o suplemento de Nós diario.

O pasado día 2 de febreiro saiu á luz este bonito artigo sobre as botellas de gaseosa dende o punto do deseño gráfico coa colaboración de Gaseosas de Galicia.

Gracias Pepe polo interese mostrado a prol do noso traballo.

mércores, 17 de xaneiro de 2024

UNHA PROPOSICIÓN MOI DECENTE VISITA GASEOSAS DE GALICIA

E para comezar o ano Gaseosas de Galicia achega a visita que fixo Breogán Riveiro a Coristanco co seu programa Unha proposición moi decente sobre coleccionismo da Televisión de Galicia.

“O coleccionismo pode semellar unha actividade solitaria, pero neste capítulo descubriremos  que pode ser participativa e moi social. Para iso, achegarémonos a coñecer dúas coleccións curiosas e moi diferentes, unha de gasosas en Coristanco e outra de xoguetes en Ponteceso, e coñeceremos aos seus singulares creadores”

Breogán Riveiro



venres, 15 de decembro de 2023

CARBÓNICAS LANDEIRA, S.A. FÁBRICA DE BEBIDAS REFRESCANTES

Fai uns días tivemos a oportunidade de acceder ás instalacións de Carbónicas Landeira, S. A. na localidade Xalleira de Santa Comba da man dun gaseosero de berce: Antonio Manuel Landeira Gallardo.

Carbónicas Landeira, S. A. dispón dunha canle de distribución propia na zona noroeste da provincia de A Coruña á que incorpora outras marcas comerciais para a súa distribución. 

Ademaís conta cunha ampla rede de distribución a nivel nacional así como un departamento de ventas cos mellores especialistas para a exportación a todos os países ofrecendo un amplo catálogo de sabores e envases. 

 

Antonio Landeira, que representa a terceira xeración de gaseoseros, fixo de magnífico anfitrión pola fábrica e gracias a súa didáctica e amable conversa aprendemos moitas cousas sobre o mundo da burbulla.

O día da visita tivemos a sorte de ver en directo o proceso de produción e preparación dos diferentes sabores da mítica marca La Pitusa para a súa distribución as distintas canles de comercialización.

Despois de pasar un bo anaco de tarde, Carbónicas Landeira agasallou a Gaseosas de Galicia cun xeneroso lote de produtos en formato PET 0.5 L da súa casa apenas "saído do forno".



Gracias por esta inesquecible visita.

venres, 18 de agosto de 2023

LA EDAD DE ORO DE LAS GASEOSAS EN SANTIAGO - Xabier Sanmartín - El Correo Gallego - Santiago - 16·07·23

La bebida que arrasaba en el siglo XX gracias a empresas compostelanas como Súarez, Espiña, La Montañesa o La Fuente del Oro, centra un libro de Juan Carlos Villar

Juan Carlos Villar Angeriz. Al lado, su libro, un camión de La Montañesa-La Estrella de Gijón, botellas de San Nicolás y un rótulo de Espiña / cedidas

Empresas de gaseosa como Espiña, La Fuente del Oro, La Montañesa o Súarez, hilan la historia del libreto cotidiano del Santiago del siglo XX: aquel del encuentro al doblar una esquina para compartir tragos en bares sin tele, de celebraciones en mesas de familia con plato común y de tragos de romería para dar gas a la amistad entre cuncas.

Esas firmas de la edad de oro de la gaseosa a mediados del siglo pasado tienen hoy un valedor: Juan Carlos Villar Angériz. Este vecino de Coristanco firma el libro Apuntes sobre la gaseosa en la provincia de A Coruña (editado por la Diputación provincial). Tiene más de mil botellas de un mundo cuyos secretos bebe sin emborracharse de otra cosa que pasión al contarlo.

“En Santiago houbo unha gran oferta dende principios do século XX, cando este tipo de bebidas non eran accesibles á maioría da xente xa que estaban reservadas ás clases máis acomodadas en quioscos e grandes cafetarías”, explica.

Destaca las citadas cuatro empresas compostelanas “por volume de fabricación e tamén por distribuír outro tipo de bebidas (cervexa, auga…)”.

Formaron ese cuarteto empresarial: Súarez (nacida como La Santiaguesa-Suárez en 1885 gracias a José María Suárez y Elisa Fernández Prado), Espiña (creada por Manuel Espiña Varela, 1885), La Montañesa (iniciada por Julian Pampín; que patrocinó un club ciclista en 1969) y La Fuente del Oro (de Guillermo Fernández Juanatey, abierta en 1949).

                                               Chapa indentificativa de reprtidor de Gaseosas Espiña

“As catro dispoñían de persoal traballando tanto na fabricación como na distribución e na venda”, relata a EL CORREO Juan Carlos cuyo libro reseña más fábricas santiaguesas: La Camelia (emprendida en 1874 por Antonio Cattini), La Gloria (salida de un Ultramarinos en Huérfanas, 38, y que tuvo actividad desde 1925 gracias a Enrique Sobredo, Saturnino Curieses e Ildefonso Tristán de la Cruz), La Inglesa (de 1908; con producción hermana en Vilagarcía) o San Nicolás (también llamada Fábrica de Hielo o Fábrica de Sar, situada donde hoy está el restaurante O Sendeiro), parte de una larga saga de burbujas.

                                                                                Gaseosas San Nicolás

“A gaseosa está presente na provincia da Coruña desde finais do XIX, imitando modas de París e Londres. Os primeiros fabricantes coñecidos eran de orixe estranxeira e adicábanse á gaseosa como complemento doutras actividades. E a partir de mediados dos 50 do século pasado, houbo unha gran proliferación no ámbito rural de pequenas fábricas. Debeuse a persoas moi emprendedoras, con apenas formación no sector pero con capacidade de traballo e moito enxeño para resolver obstáculos”, aclara quien amén de este libro coordina la asociación Gaseosas de Galicia.

 
Camión de reparto de La Fuente del Oro


En España, La Casera, firma creada en 1949, es la reina del sector, pero ya por entonces las fábricas en Galicia buscaron sabores a naranja, limón, cola… precedentes de refrescos posteriores de un entorno donde crecían marcas como Kas, Mirinda, Pepsi, Fanta o Coca Cola. “Os nosos empresarios de gaseosas fabricaron refrescos de sabores antes de que as grandes multinacionais do sector sacaran os seus produtos ao mercado”.

En dicho campo, en Santiago es llamativa la longevidad alcanzada por Suárez al brillar 128 años fabricando espumosos hasta optar luego por distribuirlos, parte de una labor empresarial que al inicio incluyó la fabricación de caramelos.

“Cinco xeracións da familia Suárez estiveron ligadas á fabricación e distribución de bebidas refrescantes, pero para sobrevivir a tan longa traxectoria, tiveron que adaptarse aos mercados e, ademais de gaseosa, tiveron que ir incrementando a súa oferta de produtos e aproveitar a canle de distribución que xa tiñan establecida coa venda da gaseosa. As casas Suárez e Espiña foron os que maior inversión fixeron nas súas instalacións para perdurar no tempo e adaptarse ás novas normativas”, dice Juan Carlos antes de contextualizar la paulatina merma del sector de la gaseosa en Galicia.

                                                     
                                                    Chapa de metal publicitaria de Gaseosas Espiña

Resume en tres factores la desaparición de las pequeñas fábricas de ámbito local.

“O primeiro, a feroz campaña das grandes multinacionais, con grandes promocións e ata unha baixada de prezos inasumible para o fabricante local. O segundo, a imposición dunha nova normativa sanitaria bastante esixente que fixo que moitos produtores locais non quixeran (por falta de continuidade) ou non puidesen asumir os gastos dese cambio. E finalmente, a campaña de desprestixio do sector coa difusión de bulos en canto á salubridade do consumo da gaseosa”.

En el ámbito gallego actual, siguen fabricando gaseosas Carbónicas Landeira (Santa Comba), Feijoo (Padrón), Refrescos del Atlántico (Marín), Carbónica Arosana (Vilagarcía), Salgueiro (Sanxenxo) e Eiras (Meira), entre otras firmas de un sector que ha perdido gas pero que aún resiste.

xoves, 1 de xuño de 2023

La Casera: emblemática e popular marca española

Fai uns días tivemos a sorte de recibir unha agradable sorpresa por parte da empresa Suntory Beverage & Food Spain.

Esta empresa líder no sector de bebidas inclúe na súa gama de refrescos as coñecidas marcas Schweppes, La Casera, Trina y Sunny Delight.

Alejandro Fuente Aguirre, do Departamento de Marketing da marca La Casera, púxose en contacto con Gaseosas de Galicia amosando gran interese pola nosa obra literaria “Apuntes sobre la Gaseosa en la provincia de A Coruña”.

Despois dun agradable intercambio de correos electrónicos, Alejandro fixo chegar á sede de Gaseosas de Galicia unha xenerosa selección da emblemática e popular marca española La Casera.

Moitas gracias por esta achega que desfrutaremos, seguro.



Na fotografía podemos apreciar os novedosos aperitivos de baixa graduación Sidra e Vermut e a os Refrescos Ligeros 0% azúcares y calorías de Hierbabuena, Limón e Manzana.

Mais info en: https://lacasera.es/







luns, 15 de maio de 2023

GASEOSAS DE GALICIA NO TELEXORNAL SERÁN

Queremos agradecer a visita á exposición de Gaseosas de Galicia de Chus Purriños e o seu equipo do Telexornal serán da Televisión de Galicia. 

Moitas gracias polo interese e a difusión.

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-seran-6120500?t=3519 

sábado, 29 de abril de 2023

COLABORACIÓN CON LA VOZ DE GALICIA - EDICIÓN LOCAL DE BERGANTIÑOS - SONEIRA - FISTERRA

O pasado domingo día 23 de abril na sección local Bergantiños, Soneira, Fisterra de La Voz de Galicia fíxose eco do noso traballo. Quedamos moi agradecidos á xornalista Marta López pola súa visita a nosa exposición e pola fermosa reportaxe.



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2023/04/23/fan-gas-carbonico-casa-1200-envases-gaseosa/0003_202304C23C3991.htm?.


martes, 18 de abril de 2023

GRACIAS POLO INTERESE!!

Dende gaseosas de Galicia queremos agradecer o gran interese mostrado pola publicación "Apuntes sobre la gaseosa en la provincia de A Coruña".


Diario de Bergantiños - 12/04/2023














domingo, 16 de abril de 2023

Moitas gracias a todos por asistir a presentación!!

Dende Gaseosas de Galicia so temos palabras de agradecemento pola boa acollida, polo apoio e as felicitacións recibidas tras a presentación do libro “Apuntes sobre a gaseosa en la provincia de A Coruña” celebrada o pasado día 07 de abril de 2023.  

Para nós foi un pracer facer de anfitrións na nosa exposición de envases e demais artigos relacionados coa gaseosa de orixe galega a familiares, amigos, veciños, representantes do concello, directivas de outras asociacións e familias de antiguos gaseoseros.

Moitas gracias a todos por asistir a presentación!!







venres, 24 de marzo de 2023

ENTREVISTA RADIO CORUÑA - ASÍ ÉRAMOS

O pasado mércores día 23 de marzo de 2023 tivemos a oportunidade de conversar sobre as gaseosas na provincia de A Coruña na sección Así Éramos no programa Hoy po Hoy da cadea SER.

https://cadenaser.com/audio/1679501531969/